Memoria caché
A caché é unha ubicación da memoria utilizada para almacenar datos temporalmente.
Se tentou acceder ou accedeu a información confidencial para o que necesitou inserir
contrasinais, baleire a caché despois de cada uso. A información ou os servizos ós que
accedeu almacénanse na caché.
Unha cookie é un dato que una páxina web garda na memoria caché do seu teléfono.
As cookies gárdanse ata que limpe a memoria caché.
Para baleirar a memoria caché mentres navega, seleccione Opcións > Ferramentas >
Borrar a caché. Para permitir ou evitar que o teléfono reciba cookies, seleccione
Menú > Web > Axustes de web > Seguridade > Cookies; ou, mentres navegue,
seleccione Opcións > Axustes > Seguridade > Cookies.