Conectarse a un servizo
Para conectar cun servizo, seleccione Menú > Web > Inicio; ou no modo de espera,
prema e manteña 0.
Para seleccionar un favorito, seleccione Menú > Web > Favoritos.
Para seleccionar a última URL, seleccione Menú > Web > Últ. ender. web.
Para escribir unha dirección dun servizo, seleccione Menú > Web > Ir a enderezo.
Escriba unha dirección e seleccione Aceptar.
Despois de conectarse ao servizo, pode comezar a navegar polas súas páxinas. A función
das teclas do teléfono pode variar en diferentes servizos. Siga as directrices que
aparecen na pantalla. Para obter máis información, póñase en contacto co seu provedor
de servizos.