Contactos
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
17
● Cham. perdidas, Cham. recibidas, ou N.º marcados — para información sobre as
súas chamadas recentes
● Destinat. mens. — para ver os contactos aos que enviou mensaxes recentemente
● , Duración cham., ou Contad. datosTemp. paq. datos — para ver información xeral
sobre as súas comunicacións recentes
● Rexistro mens., ou Rexis. de sincro. — ver o número de sincronizacións ou
mensaxes enviadas e recibidas
Nota: É posible que a factura das chamadas e servizos do seu fornecedor de
servizos varíe, dependendo das funcións de rede, do redondeo da facturación, dos
impostos, etc.
9. Configuración
Perfís
O seu teléfono ten varios grupos de configuracións chamados perfís, que poden
personalizarse con tonos de chamada para diferentes eventos e entornos.
Seleccione Menú > Axustes > Perfís, o perfil desexado e unha das seguintes opcións.
● Activar — para activar o perfil seleccionado
● Personalizar — para cambiar as opcións do perfil
● Temporizado — para configurar un perfil para ser activo ata o tempo de fin. Cando
acaba o tempo establecido para o perfil, actívase o perfil anterior que non caducou.
Tons
É posible cambiar a configuración de ton do perfil activo seleccionado.
Seleccione Menú > Axustes > Tons. Pode atopar os mesmos axustes no menú
Perfís.
Se selecciona o nivel de ton de chamada máis elevado, este alcanzará o seu nivel máis
alto despois de varios segundos.
Visualizador
Para ver ou axustar o fondo de pantalla, o tamaño de letra ou outras características
relacionadas coa pantalla do teléfono, seleccione Menú > Axustes > Pantalla.
Hora e data
Seleccione Menú > Axustes > Data e hora.
Para axustar a data e a hora, seleccione Axustes data e hora.
Para axustar os formatos da data e da hora, seleccione Formato data e hora.