Bloqueo do teclado
Para non premer as teclas de xeito accidental, seleccione Menú e prema * nun espazo
de 3,5 segundos para bloquear o teclado.
Para desbloquear o teclado, seleccione Desbloq. e prema * nun espazo de 1,5 segundos.
Se Bloq. teclado segurid. está activado, introduza o código de seguridade cando llo
pidan.
Para que o teclado se bloquee automaticamente logo dun tempo especificado cando o
teléfono estea no modo de espera, seleccione Menú > Axustes > Teléfono > Bloq.
teclado autom. > Activado.
Para responder a unha chamada cando o teclado estea bloqueado, prema a tecla de
chamada. Cando remate ou rexeite a chamada, o teclado bloquearase
automaticamente.
Se o dispositivo ou o teclado se atopan bloqueados, será posible efectuar chamadas ó
número de emerxencia oficial programado no dispositivo.