Reprodutor de música
O teléfono inclúe un reprodutor de música para escoitar pistas ou outros ficheiros de
son MP3 ou AAC. Os ficheiros de son gardados en Galería > Fich. musicais ou
Gravacións detéctanse automaticamente.
Medios
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
23
Aviso: Escoite música a un volume moderado. A exposición continua a niveis
elevados de volume pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o dispositivo
preto do seu oído co altofalante activado, xa que o son podería emitirse a un nivel de
volume extremadamente elevado.
Seleccione Menú > Multimedia > Reprod. música.
Para comezar a reprodución ou para facer unha pausa, prema a tecla de selección do
intermedio.
Para ir ao comezo da pista actual, desprácese á esquerda.
Para ir á pista anterior, prema a tecla de desprazamento á esquerda dúas veces.
Para ir á seguinte pista, desprácese cara á dereita.
Para rebobinar, manteña premida a tecla de desprazamento cara á esquerda.
Para avanzar rapidamente, manteña premida a tecla de desprazamento cara á dereita.
Para axustar o volume cando a reprodución estea en curso, desprácese arriba ou abaixo.
Para poñer o reprodutor no modo silencio ou para anular este modo, prema #.
Para que o reprodutor de música funcione en segundo plano, prema a tecla de fin. Para
deter o reprodutor de música, manteña premida a tecla de fin.
13. Aplicacións
O software do seu teléfono pode incluír algúns xogos e aplicacións Java deseñadas
específicamente para este teléfono Nokia.
Seleccione Menú > Aplicacións.
Para executar un xogo ou aplicación, seleccione Xogos ou Colección. Desprácese ata
un xogo ou aplicación e seleccione Abrir.
Para ver a cantidade de memoria dispoñible para instalar xogos e aplicacións, seleccione
Opcións > Estado da memoria.
Para descargar un xogo ou aplicación, seleccione Opcións > Descargas > Xogos
descargados ou Descargas aplic.. O teléfono admite aplicacións Java J2ME™.
Comprobe que a aplicación sexa compatible co teléfono antes de descargala.
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro software procedente de
fontes de confianza, coma aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified
TM
.
As aplicacións descargadas pódense gardar en Galería en lugar de Aplicacións.