Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está aprobada en redes EGSM
900 e 1800. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter máis
información acerca das redes.
Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais,
a intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de autor.
É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia,
modificación ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de terceiras
partes preinstalados. Tamén é posible acceder a outros sitios web de terceiras partes
mediante o dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen ningún tipo de
relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha responsabilidade
correspondente a eles. Se decide acceder ós sitios mencionados, deberá tomar
precaucións relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
Aviso: Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do espertador, é
necesario que se atope acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que poida
provocar interferencias ou poida supoñer un perigo.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información importante
almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario para
obter instrucións detalladas de seguridade. Non conecte produtos non compatibles.