Nokia 5000 - Servizos de rede

background image

Servizos de rede

Para utilizar o teléfono, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos

inalámbricos. Moitas das funcións do produto requiren dispoñer de funcións especiais

de rede. Estas funcións non se atopan dispoñibles en tódalas redes; é posible que para

poder utilizar os servizos de rede noutras redes sexa necesario establecer acordos

específicos co seu fornecedor de servizos. Este pode facilitarlle instrucións e explicarlle

os importes que lle serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes teñan

limitacións que afecten ó modo en que pode utilizar os servizos de rede. Por exemplo,

é posible que algunhas redes non admitan tódolos caracteres e servizos dependentes

dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non activación

de determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non

aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo dispoña dunha

configuración especial, como cambios nos nomes ou na orde dos menús, ou nas iconas.

Póñase en contacto so seu fornecedor de servizos para obter máis información.
O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan nos

protocolos TCP/IP. Algunhas funcións deste dispositivo, como mensaxes multimedia

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

7

background image

(MMS), aplicación de correo electrónico, mensaxería instantánea requiren soporte da

red para estas tecnoloxías.