Memoria compartida
É posible que as seguintes funcións do dispositivo compartan memoria: mensaxes
multimedia (MMS), aplicación de correo electrónico, mensaxería instantánea. A
utilización dunha ou máis destas funcións pode reducir a memoria dispoñible para o
resto de funcións que comparten a memoria. É posible que o dispositivo amose unha
mensaxe na que se indique que a memoria está chea cando intenta utilizar unha función
que comparta memoria. Neste caso, elimine información ou entradas almacenadas nas
funcións con memoria compartida antes de continuar.