Asistencia técnica de Nokia
Consulte www.nokia.com/support ou o sitio web local de Nokia para obter a última
versión desta guía, información adicional, descargas e servizos relacionados co seu
produto Nokia.
Servizo de axustes da configuración
Descargue gratis axustes de configuración coma MMS, GPRS, correo electrónico e outros
servizos para o seu modelo de teléfono en www.nokia.com/support.
Nokia PC Suite
Pode atopar PC Suite e información relacionada no sitio web de Nokia en
www.nokia.com/support.
Atención ao cliente
Se necesita poñerse en contacto co servizo de atención ao cliente,
consulte a lista de centros locais de contacto para atención de Nokia
Care en www.nokia.com/customerservice.
Información xeral
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
8
Mantemento
En relación cos servizos de mantemento, consulte o punto de atención de Nokia máis
próximo en www.nokia.com/repair.
2. Primeiros pasos
Instalar a tarxeta SIM e a batería
Extracción da batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían danarse facilmente se a tarxeta se raia ou se
dobra, polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou extraia a tarxeta.
1. Prema a tapa posterior (1) para
extraela (2).
2. Extraia a batería (3) e insira a tarxeta
SIM (4).
3. Insira a batería (5) e coloque de novo
a tapa posterior (6).
Cargar a batería
1. Conecte o cargador á toma da parede.
2. Conecte o cable do cargador ao conectador para cargador do teléfono.
Se a batería está completamente descargada, é posible que teña que
esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder
visualizar o indicador de carga na pantalla.
Antena
É posible que o dispositivo dispoña de antenas internas e externas. Igual
que noutros dispositivos de transmisión de radio, evite tocar a zona da
antena innecesariamente mentres se atope transmitindo ou recibindo. O
contacto coa antena afecta á calidade da comunicación, pode causar que
o dispositivo necesite un nivel superior de potencia para funcionar e pode reducir a
duración da batería.
A figura mostra a zona da antena en gris.
Imáns e campos magnéticos
Manteña o dispositivo lonxe de imáns ou campos magnéticos, xa que poderían provocar
que aplicacións como a cámara se activasen de xeito inesperado.