Nokia 5000 - Vehículos

background image

Vehículos

Os sinais de radiofrecuencia poden afectar ós sistemas electrónicos incorrectamente

instalados ou protexidos dos vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de

combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade electrónicos e os

sistemas de airbag. Para obter máis información, póñase en contacto co fabricante, ou

un representante deste, do vehículo ou dos equipos instalados no mesmo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal

cualificado. Unha instalación ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode

invalidar a garantía do dispositivo. Comprobe regularmente que todos os dispositivos

inalámbricos do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene

nin transporte líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo

compartimento que o dispositivo, os seus compoñentes ou dispositivos. Nos vehículos

equipados con airbag, recorde que estes despréganse con gran forza. Non coloque

obxectos, incluídos os equipos inalámbricos instalados ou portátis, sobre o airbag ou

na zona onde se desprega o airbag. Se o equipo inalámbrico do vehículo se instala

incorrectamente e o airbag se desprega, é posible que se produzan lesións graves.
Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha aeronave. Apague o dispositivo antes

de embarcar nun voo. O uso de teledispositivos inalámbricos nunha aeronave pode

resultar perigoso para o funcionamento do avión, interferir coa rede telefónica

inalámbrica e pode ser ilegal.