Nokia 5000 - INFORMACIÓN DE CERTIFICACIÓN (SAR)

background image

INFORMACIÓN DE CERTIFICACIÓN (SAR)

Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non

sobrepasar os límites de exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas polas

directrices internacionais. O organismo científico independente ICNIRP desenvolveu

estas directrices, que inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a

protección de tódalas persoas, independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade de

medición coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR

exposto nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en

aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando

posicións de funcionamento estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de

enerxía máis alto en tódalas bandas de frecuencia probadas. O nivel de SAR real dun

dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo debido a que o

dispositivo está deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse coa rede.

A cantidade cambia dependendo dun gran número de factores, como a que distancia

se atopa dunha estación base de rede. O valor de SAR máis alto admitido segundo as

directrices de ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de 0,86 W/kg .

Información adicional de seguridade

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

34

background image

O uso de accesorios e melloras do dispositivo pode provocar a aparición de diferentes

valores de SAR. Os valores de SAR poden variar dependendo das necesidades de

información e probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información de SAR

adicional, consulte a sección de información do produto da páxina web

www.nokia.com.

Información adicional de seguridade

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

35