Nokia 5000 - Inserción de texto predictivo

background image

Inserción de texto predictivo

A inserción de texto predictivo basease nun diccionario incorporado ao que pode

engadir novas palabras.
1. Comece a escribir unha palabra usando as teclas 2 a 9. Prema cada tecla so unha vez

para cada letra.

2. Para confirmar unha palabra engadindo un espazo, prema 0.

● Se a palabra non é correcta, prema * varias veces e seleccione a palabra da lista.
● Se se visualiza o caracter ? despois da palabra, a palabra que pretende escribir

non se atopa no diccionario. Para engadir a palabra ao diccionario, seleccione

Escribir Insira a palabra usando a inserción de texto tradicional, e seleccione

Gardar.

● Para escribir palabras compostas, insira a primeira parte da palabra, e desprácese

á dereita para confirmala. Escriba a última parte de palabra, e confírmea.

3. Comece a escribir a seguinte palabra.

5. Navegación polos menús

As funcións do teléfono agrúpanse en menús. Aquí non se describen todas as opcións

ou funcións dos menús.
No modo de espera, seleccione Menú e o menú e submenú que desexe. Seleccione

Saír ou Atrás para saír do actual nivel do menú. Prema a tecla de fin para volver

directamente ao modo en espera. Para cambiar a vista de menú, seleccione Menú >

Opcións > Vista menú ppal..

6. Enviar mensaxes

Pode ler, escribir, enviar e gardar e-mails e mensaxes de texto, multimedia, audio e

flash. Os servizos de mensaxería so se poden usar se a súa rede ou provedor de servizos

os admite.