Configuración da mensaxe
Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes mensaxe para configurar as características
das mensaxes.
Enviar mensaxes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
16
● Axustes xerais — para configurar o seu teléfono para gardar as mensaxes enviadas,
permitir sobrescribir mensaxes antigas se a memoria para mensaxes está chea e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes.
● Mensaxes de texto — para activar informes de entrega, configurar centros de
mensaxes para SMS e SMS e-mail, seleccionar o tipo de admisión de caracteres e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes de texto
● Mens. multim. — para activar informes de entrega, configurar a apariencia das
mensaxes multimedia, permitir a recepción de mensaxes multimedia e anuncios e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes multimedia
● Mensaxes de correo — para permitir a recepción de correo electrónico, para axustar
o tamaño da imaxe nun correo electrónico e para configurar outras preferencias
relacionadas co correo electrónico
7. Contactos
Seleccione Menú > Guía.
Pode gardar nomes e número de teléfono (contactos) na memoria do teléfono e na
memoria da tarxeta SIM. A memoria do teléfono pode gardar contactos con números e
texto. Os nomes e números gardados na memoria da tarxeta SIM indícanse con
.
Para engadir un contacto, seleccione Nomes > Opcións > Engad. novo contac.. Para
engadir detalles dun contacto, asegúrese de que a memoria empregada está
Teléfono ou Teléfono e SIM. Seleccione Nomes, desprácese ata o nome e seleccione
Detalles > Opcións > Engadir detalle.
Para buscar un contacto, seleccione Nomes e desprácese pola lista de contactos ou
insira as primeiras letras do nome que busca.
Para copiar un contacto entre a memoria do teléfono e a memoria da tarxeta SIM,
seleccione Nomes > Opcións > Copiar contacto. A memoria de tarxeta SIM so pode
gardar un número de teléfono para cada nome.
Para seleccionar a tarxeta SIM ou a memoria do teléfono para os seus contactos, para
seleccionar a forma de mostrar os nomes e números, e para a ver a capacidade da
memoria usada e baleira para os contactos, seleccione Axustes.
Pode enviar e recibir información de contacto dunha persoa como unha tarxeta de visita
dende un dispositivo compatible que admita o estándar vCard. Para enviar unha tarxeta
de visita, seleccione Nomes, busque un contacto e seleccione Detalles > Opcións >
Enviar tarxeta visita para enviar a súa información.
8. Rexistro de chamadas
Para ver a información sobre as chamadas, seleccione Menú > Rexistro. Entre as
opcións dispoñibles poden atoparse as seguintes:
● Todas chamadas — ver as chamadas recentes perdidas e recibidas e os números
marcados por orde cronolóxica