Restaurar axustes de fábrica
Para restaurar o teléfono ás condicións de fábrica, seleccione Menú > Axustes > Recu.
axus. pred. e das seguintes opcións::
● Recuperar só axustes — para reiniciar a configuración sen eliminar información
persoal
● Recuperar todo — para reiniciar todas as preferencias de configuración e eliminar
toda información persoal tal como contactos, mensaxes, arquivos multimedia e
códigos de activación.
Configuración
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
21
10. Menú operador
Acceda a un portal de servizos fornecidos polo seu operador de rede. Se desexa coñecer
máis información, póñase en contacto co seu operador de rede. O operador pode
actualizar este menú cunha mensaxe de servizo.
11. Galería
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o dispositivo inclúe contido protexido pola xestión de dereitos dixitais da OMA e
desexa gardar unha copia de seguridade das claves de activación e o contido, utilice a
función de copia de seguridade de Nokia PC Suite. É posible que outros métodos de
transferencia non transfiran as claves de activación que cómpre recuperar co contido
para que se poida continuar utilizando o contido protexido pola xestión de dereitos
dixitais da OMA despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible que
necesite recuperar as claves de activación en caso de que se danen os ficheiros do
dispositivo.
O teléfono admite un sistema de xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer o
contido que se adquira. Comprobe sempre as condicións de envío de calquera contido
e a tecla de activación, antes de adquirilos, xa que poderían cobrarlle unha tarifa por
eles.
Para ver os cartafoles, seleccione Menú > Galería.
12. Medios
Cámara e vídeo
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de 1280x1024 píxeles .
Tirar unha foto
Para usar a función de imaxe fixa, prema a tecla da cámara ou, se a función de vídeo
está activada, desprácese á esquerda ou á dereita. Para capturar unha imaxe, prema a
tecla da cámara.
Para achegar ou afastar no modo cámara, desprácese arriba ou abaixo.
Para poñer a cámara no modo nocturno, para activar o disparador automático ou tirar
imaxes sucesivas rapidamente, seleccione Opcións e a opción que desexe. Para axustar
o modo de vista previa e a hora, seleccione Opcións > Axustes > Hora vista prev.
imx..
Gravar un videoclip
Para usar a función de vídeo, manteña premida a tecla da cámara. Para comezar a
gravación de vídeo, prema a tecla da cámara.