Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun diseño e artesanía superiores e debe ser
tratado con coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da
garantía.
● Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e tódolos tipos de líquidos
poden conter minerais que corroan os circuítos electrónicos. Se o dispositivo entra
en contacto coa auga, retire a batería e agarde a que o dispositivo se seque
completamente antes de volver a colocala.
● Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e poeirentos, xa que
poderían producirse danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
● Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As temperaturas elevadas poden reducir
a vida útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar ou derreter
determinados plásticos.
● Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o dispositivo regrese á súa
temperatura normal, é posible que se forme humidade no interior do mesmo e que
se produzan danos nas placas dos circuítos electrónicos.
● Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ó indicado nesta guía.
● Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir a
rotura das placas dos circuítos e do mecanismo interno.
● Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin deterxentes
concentrados para limpar o dispositivo.
● Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o
funcionamento axeitado.
Coidado e mantemento
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
30
● Utilice un paño seco, suave e limpo para limpar os obxectivos da cámara, do sensor
de proximidade e do sensor de luz.
● Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo
fabricante. A utilización de antenas, modificacións ou accesorios non autorizados
pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de dispositivos de
radio.
● Utilice os cargadores en lugares interiores.
● Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, coma os
contactos e as notas do calendario.
● Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo,
apágueo e retire a batería.
As suxestións indicadas a continuación, aplícanse igualmente ó dispositivo, á batería,
ó cargador ou a calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona correctamente, envíeo
ó centro de servizo técnico autorizado máis próximo.