Que debe facer se a batería non é auténtica?
Se non pode confirmar se a batería co holograma na etiqueta é unha batería Nokia
auténtica, non a utilice. Envíea ao distribuidor ou ao centro de servizo técnico de Nokia
máis próximo para obter asistencia técnica. A utilización dunha batería non autorizada
por Nokia pode resultar perigosa, provocar un rendemento deficiente e danar o
dispositivo e os seus accesorios. Tamén pode invalidar a autorización de uso e a garantía
do dispositivo.
Para obter máis información verbo das baterías orixinais de Nokia, visite a páxina web
www.nokia.com/battery.