Instrucións de autenticación das baterías de Nokia
Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa seguridade. Para asegurarse de que
está a mercar unha batería orixinal de Nokia, mérquea nun distribuidor ou nun centro
de servizo técnico autorizado de Nokia, e leve a cabo os seguintes pasos para comprobar
se presenta a etiqueta co holograma:
A correcta realización dos pasos indicados non garante totalmente a autenticidade da
batería. Se ten razóns para pensar que a batería non é unha batería auténtica e orixinal
de Nokia, non a utilice e envíea a un distribuidor ou ao centro de servizo técnico máis
próximo de Nokia para recibir asistencia. En caso de que non sexa posible, devolva a
batería ao establecemento de compra.