Aplicacións
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
24
14. Planificador
Alarma
Seleccione Menú > Organizador > Despertador.
Para activar ou desactivar a alarma, seleccione Alarma:. Para axustar a hora da alarma,
seleccione Hora de alarma:. Para configurar o teléfono de modo que soe os días
seleccionados da semana, seleccione Repetir:. Para seleccionar ou personalizar o ton
de alarma, seleccione Ton de alarma:. Para axustar o tempo de repetición da alarma,
seleccione Tempo máx. esp. rep.:.
Para apagar a alarma, seleccione Deter. Se deixa que a alarma do teléfono siga soando
durante un minuto ou selecciona Repetir, a alarma se detén durante o tempo de
repetición, logo se retoma.
Calendario e lista de tarefas
Seleccione Menú > Organizador > Axenda. O día actual está marcado cun recadro.
Se se estableceu algunha nota para o día, este aparece en negriña.
Para poñer unha nota na axenda, desprácese ata unha data e seleccione Opcións >
Facer unha nota.
Para ver as notas do día, seleccione Ver. Para eliminar todas as notas da axenda,
seleccione Opcións > Borrar notas > Todas as notas.
Para ver a lista de tarefas, seleccione Menú > Organizador > Lista de tarefas.
Aparece a lista de tarefas ordenada por prioridade. Para engadir, eliminar ou enviar
unha nota, para marcar a nota como realizada ou para ordenar a lista de tarefas por
data límite, seleccione Opcións.
15. Web
Pode acceder a varios servizos de Internet co navegador do teléfono. A aparencia das
páxinas de internet pode variar por mor do tamaño da pantalla. É probable que non
poida ver tódolos detalles das páxinas de Internet.
Importante: Utilice só servizos fiables e que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño.
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizo para obter máis información sobre a
dispoñibilidade destes servizos, prezos e instrucións.
Pode recibir os axustes de configuración precisos para navegar como unha mensaxe de
configuración do seu provedor do servizo.
Para axustar un servizo, seleccione Menú > Web > Axustes de web > Axustes
config., e seleccione unha configuración e unha conta.