Manual do Usuario do Nokia 5000
Edición 2
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-362 cumpre cos
requerimentos básicos e con outras condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese
consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://www.nokia.com/
phones/declaration_of_conformity/.
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People e Navi son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation.
Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes de compañías mencionados
neste documento poden ser marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de
calquera modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido.
US Patent No 5818437 and other pending patents. T9 text input software Copyright © 1997-2008. Tegic
Communications, Inc. All rights reserved.
Includes RSA BSAFE cryptographic or security protocol software from RSA Security.
Java is a trademark of Sun Microsystems, Inc.
This product is licensed under the MPEG-4 Visual Patent Portfolio License (i) for personal and noncommercial use in
connection with information which has been encoded in compliance with the MPEG-4 Visual Standard by a consumer
engaged in a personal and noncommercial activity and (ii) for use in connection with MPEG-4 video provided by a
licensed video provider. No license is granted or shall be implied for any other use. Additional information, including
that related to promotional, internal, and commercial uses, may be obtained from MPEG LA, LLC. See http://
www.mpegla.com
Este produto está suxeito á Licenza da Carteira de Patentes do Estándar Visual MPEG-4 (i) para un uso persoal e non
comercial da información codificada conforme ó Estándar Visual MPEG-4 por un consumidor ligado a actividades non
comerciais e persoais e (ii) para un uso conxunto co vídeo MPEG-4 subministrado por un provedor de solucións de
vídeo autorizado. Non se outorga nin se considera implícita licenza algunha para calquera outro uso. Pode solicitarse
información adicional relacionada con usos comerciais, promocionais e internos de MPEG LA, LLC visitando http://
www.mpegla.com.
Nokia opera cunha política de desenvolvemento continuo, e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras
en calquera dos produtos descritos neste documento sen previo aviso.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NENGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL,
INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ
NINGÚN TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE
COMERCIABILIDADE E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO
DESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR
ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase en
contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idomas.
Controis de exportación
Este dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas
dos Estados Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación
correspondente.
É posible que as aplicacións doutros fabricantes fornecidas co dispositivo foran creadas e sexan propiedade de
persoas ou entidades non asociadas nin relacionadas con Nokia. Nokia non é propietaria dos dereitos de autor nin
de propiedade intelectual das aplicacións de terceiras partes. Debido a esta razón, Nokia non se responsabilizará da
asistencia técnica ó usuario, da funcionalidade das aplicacións nin da información contida nas aplicacións nin nos
materiais. Nokia non ofrece ningunha garantía sobre as aplicacións de terceiras partes.
MEDIANTE O USO DAS APLICACIÓNS, VOSTEDE ADMITE QUE AS APLICACIÓNS FORNÉCENSE “TAL CAL”, SEN GARANTÍAS DE
NINGÚN TIPO, TANTO EXPRESAS COMA IMPLÍCITAS, NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE. TAMÉN
RECOÑECE QUE NIN NOKIA NIN AS SÚAS COMPAÑÍAS FILIAIS OFRECERÁN GARANTÍA NIN REPRESENTACIÓN ALGUNHA,
EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA DE TÍTULO, DE CAPACIDADE COMERCIAL E
ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO, NIN QUE AS APLICACIÓNS NON INFRINXAN AS PATENTES, DEREITOS DE AUTOR
E MARCAS COMERCIAIS OU DEMAIS DEREITOS DE TERCEIRAS PARTES.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un
teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono
no caso de que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en
contacto co centro de servicio técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu
funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias
perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas, incluidas as que provoquen un
funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia
podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.
/Edición 2 GL